viernes, 24 de septiembre de 2010
lunes, 17 de agosto de 2009
Tarde en Soutipedre
Unha tarde en Soutipedre; foron tantas as cousas que quixen recoller coa cámara de fotos que ao final as máis espectaculares non pudieron entrar por estar a memoria chea.
O sábado 15 fun ate Castro caldelas, levanteime ás sete e media da mañá e encamiñeime cara Monforte por Palas de Rei, Taboada ( onde por certo vin a un home co maleteiro co carro aberto, a muller mirando e el tomando un quinto de cervexa, ás 8:30 h !!), Chantada e Monforte. De alí collín cara Castro Caldelas baixando polos canons do Sil. Ao chegar á praza da feira (ao carón do Castelo) tomei un café e axiña se xuntou a xente para ir ver o Castelo e facer o programado nese día.
Pois se xa quedara abraiado coas vistas ao baixar o Canon do Sil (tamén é impresionante a baixada de chantada), mais abraiado ia quedar ao longo do día. Visitamos o castiñeiro co perímetro mais grande, xantamos nun fermoso pazo e logo collemos camiño cara Soutipedre, unha aldea colgada dos montes onde se ten unha panorámica impresionante da paisaxe. Toda a tarde a pasamos xogando á billarda,e ao final aos bolos celtas. Unha lección de maestria a o dos veciños da aldea que dominaban o xogo mellor ca un cativo os mandos dunha videoconsola Tivemos que rematar xa que entre os trebóns de auga que caian de vez en cando, o vento que levantaba o pó do camiño e a tronada, ademais do máis importante: xa se facía noite. Para volver recomendaronme encamiñarme cara a Rúa e coller a N-120 cara Monforte. Pois baixei de Soutipedre ata o santuario das Ermidas, impresionante, o camiño era retorto e por riba de fondos barrancos, e ao fondo xunto ao río unha fermosa constucción que aproveita a pedra e o releve para levantarse. De alí volvín subir e xa me encamiñei cara a Rúa nunha subida continua e cos lóstregos en fronte. Comecei a ver os encoros e o río Sil volveu aparecer. Circulaba por encaixados camiños entre os montes, moi verticais. E comecei a ver nomes coñecidos como San Clodio, o que me lembraba aquela profesora interina que pasara un tempo en lugo, e que contaba que na festa sempre acaban ao santo en procesión, mais un ano como non chovía e o santo non obraba, tirárono a un pozo e ata que choveu non o sacaron de alí (ao mellor o santo encheuse de tanta auga). Logo Rugando e lembroume o conto de Anxel Fole, e tamén un cartel que indicaba a dirección a seguir para chegar ao Courel. Máis encoros, máis rio Sil. Monte Furado o túnel, a ponte do tren, e logo xa camiño ao longo do río Lor. O resto xa era mais coñecido: xa estaba chegando a Monforte, xa facía media hora que saira daquela aldea de Manzaneda e inda me quedaba outra hora para chegar á casa.
lunes, 10 de agosto de 2009
E descubrín un novo encoro
O outro día á volta de Touro, decidín volver á beira do Ulla e ver de atopar os novos encoros que fixeron por baixo do de Portodemouros. Pois case sen querer, fun por unha corredoira e acabei na parte baixa da tosta, como podedes ver non sae auga ningunha. E inda hai outro encoro igual a este. Por outra banda está o grande de Portodemouros. Pos á marxe do trombo nesta arteria de auga, que supón a presa, mirade a morea de escombro. Seguro que o sitio era ben fermoso antes de facer esta monstruosidade
De Arzúa tiña que ser
De Arzúa tiña que ser: O paisano aparcou como lle petou, ou ben quixo sair polo camiño máis curto. O caso é que agora nin para diante nin para atrás. Bon é que me alegraron algo esta fria mañá de luns, na que inda me dura unha migraña anticiclónica, e o sol comeza a molestar nos ollos pero sen quentar as umbras.
A ver como resolve esta xentiña, ao mellor ata tentan levantalo a pulso.
Eu non sei, pero para min que ata doblou algo :)
Se fose polas escaleiras, ao mellor nin se enteraba, e baixaba, é unha nova modalidade. Hoxe non o vou probar, ademais non aparquei na praza, hoxe non.
miércoles, 18 de febrero de 2009
Presentación de Curuxás o Guerrilleiro que Franco non cazou
Pois esta é a foto que serve de portada para o libro de Carlos Parrado: “Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco” será presentado este venres 20 na sala de conferencias do edifico multiusos de Melide á 20:15 h. Libro que, lóxicamente fala da vida e feitos de curuxás, contados ao mais puro estilo tradicional dos contos populares narrados de xeración en xeración. O traballo é froito de moitísimos anos de recopilación por parte de Carlos Parrado, e deu este libro como resultado.
A portada é unha foto de curuxás nun carro (corpore insepulto) e a contraportada é a mesma foto en pequeno sobre un fondo do xornal que se fixo eco da nova “el caso”
E o lugar onde se pode atopar o libro, é nas librarías, lóxicamente e como non ia ser doutra maneira tamén en Parrado.
E a conto de todo isto lémbro cando me contaban que meu bisavó lle dera escola a Ramón cando inda non era curuxás, naquela pequena etapa en que o guerrilleiro, inda cativo viviu en Pambre.viernes, 6 de febrero de 2009
Este é outro paleto
Si, este non ten menos culpa que o anterior, o que pasa é que o anterior é deses nazis xudeus que mangonean no petrodolar e dan a cambio papel do lixo. Este tamen quería torta e cando viu que lla colleu o de antes(Greenspan)...quedoulle esta cara...de torta. Só falta o Bush para o circo dos paiasos.
E se cadra inda poño unha foto do Emilio Botín, que ese tamén ten pecado, ten un bo nome para ser banqueiro, antes chamabaselles piratas. Non sei se este ten patente de corso. Mais creo que non lle fai falla: ten mai poder el que "a raiña"
E se cadra inda poño unha foto do Emilio Botín, que ese tamén ten pecado, ten un bo nome para ser banqueiro, antes chamabaselles piratas. Non sei se este ten patente de corso. Mais creo que non lle fai falla: ten mai poder el que "a raiña"
A Pillar cacho
Este é o peixe gordo que armou a lea. Gurú das finanzas, seica lle chaman. Mais eu penso que é un listo! Xa se ve na foto. E a el que máis lle ten que a economia mundial se tambalease, a súa non ( a non de clarada) xa que estes que estaban en contra do "intervencionismo do estado" non dubidaron nada á hora de coller os cartos que lles deron para "garda na caixa e non repartir" .
A min gustaríame pensar que esta foto se refire a un velliño respetábel que ten as mans atacadas de artrose por traballar no agro toda a vida e que foi cachado non momento en que o neto lle roubaba un anaco de queixo. O vello habilidoso estrica os dedos da man para collelo polo aire.
Que triste realidade a deste fulano. Un ladrón e mentireiro e non lle van facer nada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)