sábado, 3 de enero de 2009

Ponte de fortes


Vou colgar todas as fotos da ponte de Fortes (Taboada-O Saviñao) no meu outro blog: http://www.lavregogalego.spaces.live.com/

viernes, 2 de enero de 2009

ponte de fortes


Un dia que fun ate Monforte, tiven a ocorrencia de non volver polo mesmo camiño que fun, e así mirando polo mapa vin que no canto de volver por Chantada e de alí ate monterroso e logo a Melide, era case mais curto vir polo Saviñao. Así que de Monforte collín cara Bóbeda e logo cara Taboada. Resultou se unha pista moi estreita e chea de buratos (no mapa poñia que era da rede autonomica secundaria, igual que a que vai de Palas a Monterroso). O tempo que me levou chegar, foi moito mais do que me levaria ir por Chantada. (topei con vacas, outros coches dos que tiña que apartar,etc.) Mais a sorpresa que atopei foi abondo satisfactoria como para volver hoxe para tirar unhas fotos e desfrutar algo da paisaxe,(inda habia néboa) Lembro que a primeira vez que cheguei á ponte de Fortes, só via un encoro cheo de auga ata arriba e unha pista moi estreita que parecia querer caer na auga. Só pensaba que se nos cruzabamos con outro coche non ia poder apartar. E de pronto: esta ponte tan luminosa ancha de abondo como para pasar un camión de par doutro. Hoxe non a atopei tan luminosa, tiña algo de ferruxe e o encoro leva pouca auga, ou alomenos non tanta coma da outra vez. Así e todo xa teño ganas de volver para mirala.