lunes, 17 de agosto de 2009

Tarde en Soutipedre



Unha tarde en Soutipedre; foron tantas as cousas que quixen recoller coa cámara de fotos que ao final as máis espectaculares non pudieron entrar por estar a memoria chea.

O sábado 15 fun ate Castro caldelas, levanteime ás sete e media da mañá e encamiñeime cara Monforte por Palas de Rei, Taboada ( onde por certo vin a un home co maleteiro co carro aberto, a muller mirando e el tomando un quinto de cervexa, ás 8:30 h !!), Chantada e Monforte. De alí collín cara Castro Caldelas baixando polos canons do Sil. Ao chegar á praza da feira (ao carón do Castelo) tomei un café e axiña se xuntou a xente para ir ver o Castelo e facer o programado nese día.
Pois se xa quedara abraiado coas vistas ao baixar o Canon do Sil (tamén é impresionante a baixada de chantada), mais abraiado ia quedar ao longo do día. Visitamos o castiñeiro co perímetro mais grande, xantamos nun fermoso pazo e logo collemos camiño cara Soutipedre, unha aldea colgada dos montes onde se ten unha panorámica impresionante da paisaxe. Toda a tarde a pasamos xogando á billarda,e ao final aos bolos celtas. Unha lección de maestria a o dos veciños da aldea que dominaban o xogo mellor ca un cativo os mandos dunha videoconsola Tivemos que rematar xa que entre os trebóns de auga que caian de vez en cando, o vento que levantaba o pó do camiño e a tronada, ademais do máis importante: xa se facía noite. Para volver recomendaronme encamiñarme cara a Rúa e coller a N-120 cara Monforte. Pois baixei de Soutipedre ata o santuario das Ermidas, impresionante, o camiño era retorto e por riba de fondos barrancos, e ao fondo xunto ao río unha fermosa constucción que aproveita a pedra e o releve para levantarse. De alí volvín subir e xa me encamiñei cara a Rúa nunha subida continua e cos lóstregos en fronte. Comecei a ver os encoros e o río Sil volveu aparecer. Circulaba por encaixados camiños entre os montes, moi verticais. E comecei a ver nomes coñecidos como San Clodio, o que me lembraba aquela profesora interina que pasara un tempo en lugo, e que contaba que na festa sempre acaban ao santo en procesión, mais un ano como non chovía e o santo non obraba, tirárono a un pozo e ata que choveu non o sacaron de alí (ao mellor o santo encheuse de tanta auga). Logo Rugando e lembroume o conto de Anxel Fole, e tamén un cartel que indicaba a dirección a seguir para chegar ao Courel. Máis encoros, máis rio Sil. Monte Furado o túnel, a ponte do tren, e logo xa camiño ao longo do río Lor. O resto xa era mais coñecido: xa estaba chegando a Monforte, xa facía media hora que saira daquela aldea de Manzaneda e inda me quedaba outra hora para chegar á casa.

lunes, 10 de agosto de 2009

E descubrín un novo encoro

O outro día á volta de Touro, decidín volver á beira do Ulla e ver de atopar os novos encoros que fixeron por baixo do de Portodemouros. Pois case sen querer, fun por unha corredoira e acabei na parte baixa da tosta, como podedes ver non sae auga ningunha. E inda hai outro encoro igual a este. Por outra banda está o grande de Portodemouros. Pos á marxe do trombo nesta arteria de auga, que supón a presa, mirade a morea de escombro. Seguro que o sitio era ben fermoso antes de facer esta monstruosidade

De Arzúa tiña que ser


De Arzúa tiña que ser: O paisano aparcou como lle petou, ou ben quixo sair polo camiño máis curto. O caso é que agora nin para diante nin para atrás. Bon é que me alegraron algo esta fria mañá de luns, na que inda me dura unha migraña anticiclónica, e o sol comeza a molestar nos ollos pero sen quentar as umbras.

A ver como resolve esta xentiña, ao mellor ata tentan levantalo a pulso.

Eu non sei, pero para min que ata doblou algo :)

Se fose polas escaleiras, ao mellor nin se enteraba, e baixaba, é unha nova modalidade. Hoxe non o vou probar, ademais non aparquei na praza, hoxe non.