viernes, 12 de diciembre de 2008

20 anos de Galiza Nova


Por certo, do outro lado, mirando ao revés do Sobrado do Mosteiro pódese ver un mural que Fixo Galiza Nova, para celebrar o 20 anivesario do seu nacemento como organización.

As obras que nunca acaban








olá. Coma sempre, adico mais tempo a ler outros blogs que a tentar crear este, mais pásame coma na foto, que non acaban unha obra para ter que meterse noutra.

Chamoume a atención, o grandioso que parece o Mosteiro de Sobrado, case considerado unha catedral. E sen embargao un guindastre fai de smerecer a obra arquitectónica que é o Mosteiro.

Inda así, recomendo a súa visita, e se pode ser en bicicleta e pola serra do Bocelo, mellor, xa dende o alto podemos ver as torres do mosteiro, e ao lonxe a fumeira da planta que hai no polígono de Teixeiro. Inda que na serra o que mais chama a atención, son os muiños de vento

viernes, 1 de febrero de 2008

Masificación

Especial recoñecemento merece esta xente que fixo forza para evitar o encoro de Fradegas, mais agora estan a converter a zona nunha paraxe turística sen control, era unha zona apenas coñecida na que non habia camiños decentes: era monte. Tampouco habia lixo durante todo o ano nin coches que aparcasen no campo da pradeira esmagando o solo desta carballeira. Agora case se asfalta o camiño ata o monte e mesmo se queren poñer mesas para pasar un momento de lecer á veira do río. Lembro a primeira baixada; alí escoitei a un home de poucas luces decir que o que habia que facer era meter unha carroceta ata a cima do rio e limpar toda a veira do río de polas e ramallos, e facer un camiño e na cima un mirador. Si señor e digo eu feito isto , que fagan logo un lago artificial e unha praia fluvial e logo xa ciscamos todo polo que se loitou. O que se está a ocasionar é un turismo salvaxe, masificando as paraxes naturais e mesmo urbanizando ou civilizando o rural. Na miña opinión a baixada do rio acompañando a competición, é suportábel, mais só unha vez no ano e como excepción, respeitando o estado no que se atopaba o lugar ou facendo pequenos sendeiros. Mais a realidade é outra, e o beneficio para os veciños é inexistente, mentras propiedades colectivas coma presas, muiños ou monte común son esquecidos, esta actividade xera una desgaste maior do necesario. Se hoxe existen as paraxes naturais é porque o home non reparou nelas moito tempo, nese caso xa estarian colonizadas. E o turismo non fai país, só o vende.Fraco favor do colonianismo.

Saude e independência