Pois esta é a foto que serve de portada para o libro de Carlos Parrado: “Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco” será presentado este venres 20 na sala de conferencias do edifico multiusos de Melide á 20:15 h. Libro que, lóxicamente fala da vida e feitos de curuxás, contados ao mais puro estilo tradicional dos contos populares narrados de xeración en xeración. O traballo é froito de moitísimos anos de recopilación por parte de Carlos Parrado, e deu este libro como resultado.
A portada é unha foto de curuxás nun carro (corpore insepulto) e a contraportada é a mesma foto en pequeno sobre un fondo do xornal que se fixo eco da nova “el caso”
E o lugar onde se pode atopar o libro, é nas librarías, lóxicamente e como non ia ser doutra maneira tamén en Parrado.
E a conto de todo isto lémbro cando me contaban que meu bisavó lle dera escola a Ramón cando inda non era curuxás, naquela pequena etapa en que o guerrilleiro, inda cativo viviu en Pambre.
Bo libro.
ResponderEliminar